A Sala Tebras vén de informar hai uns minutos da cancelación do concerto de Ilegales, previsto para mañá, 13 de marzo, dentro do ciclo Directos Vibra Mahou. A propia marca cervexeira foi quen tomou esta decisión, segundo asegura a Sala lucense nun comunicado urxente enviado aos medios, ante a aprobación pola Xunta de Galicia das medidas extraordinarias en relación ao coronavirus que limitan os aforos dos espazos pechados.
No comunicado, a Sala Tebras explica que Mahou xa lles comunicou que devolverán a entrada a todos os que xa a tiveran mercadas. A devolución poderá xestionarse a través de Ticketmaster. A marca e a sala lamentan “verse obrigadas a tomar esta medida pero “a prioridade é garantir a saúde dos cidadáns”.
A Sala Tebras continuará pendente das medidas preventivas, así como do avance do virus, a fin de continuar ou non co resto da programación.