Elena Candia mantivo unha xuntanza co de Conselleiro de Sanidade para saber sobre o futuro do consultorio de Nadela e “segurarse da continuidade deste servizo”.
Segundo a voceira popular, o titular de Sanidade “confirmou que se seguirá atendendo aos pacientes deste núcleo neste consultorio á volta do verán” que é cando se retomará a atención neste punto” Elena Candia agradeceu a Julio García Comesaña a palabra dada “que supón unha tranquilidade para a veciñanza que está preocupada pola situación na que quedou o consultorio trala xubilación, en abril, do seu médico”
Segundo indicou Candia, “de xeito temporal para dar cobertura ás necesidades do consultorio de Nadela estanse atendendo desde xullo aos doentes no Centro de Saúde de Fingoi, os meses anteriores había consultas en Nadela tres días á semana durante 4 horas co obxecto de garantir á atención ao pacientes deste núcleo”.