A oficina electoral de Elena Candia informa que a candidata botou andar no Instagram @elenacandialugo, para contestar ás preguntas da cidadanía. O funcionamento será o seguinte “cada xoves abrirase un espazo de 24 horas para que os lucenses envien as súas preguntas e a candidata conteste”
Con esta acción a candidata do PP a alcaldía “ busca cercanía, contacto e unha relación de ti a ti, con total transparencia e sen filtros” Candía declarou que “os políticos se queremos estar preto da xente temos tamén que facilitar a comunicación nos medios nos que está a xente como é o caso de Instagram”.
A candidata recalcou que “non me gusta ser unha unha política de despacho. O que quero é ser unha política da xente, de falar directamente, de escoitar, de dar participación e de analizar… Pensó que só así se pode ser útil e aplicar unha xestión útil a Lugo”