Candia acusa a Besteiro de converter á Deputación nunha axencia de colocación de afíns e de pago de favores

A voceira do Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación de Lugo, Elena Candia, acusou esta mañá ao presidente da institución, José Ramón Gómez Besteiro, de utilizar a RPT (Relación de Postos de Traballo) “como un instrumento para converter a Deputación nunha axencia de colocación de afíns e de pago de favores a axentes electorais”.

Segundo informou Candia, “o presidente da Deputación ten previsto aprobar unha subida salarial encuberta, para só uns poucos”.“Trátase dun incremento de 300.000 euros, só para 90 traballadores, dos 475 da Deputación. É dicir, chega ao 18,9%”. Elena Candia matizou que nalgúns destes caos o incremento anual é do 23% do salario. A popular afirmou que “o socialismo que practica Besteiro é que cada vez, uns teñan máis ca outros”.

Elena Candia puxo en valor o esforzo dos funcionarios nesta crise, “que viron mermados os seus ingresos con conxelación de salarios ou privación de pagas extras, e defendeu a profesionalidade de moitos traballadores da Deputación e o bo funcionamento de servizos. Considero necesario explicar a intención de Besteiro e explicala á xente, xa que se están a dar discriminacións entre os empregados da Deputación”.

Así, a popular pediu que calquera incremento salarial se motive na obxectividade, sen darse discriminacións, atendendo a criterios do posto como a dificultade técnica, a incompatibilidade ou a responsabilidade e non “como un pago de favores a amigos”. “Agardamos que o 24 de maio se aparte do goberno a un Besteiro con prácticas caciquís e de pagos de favores”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com