A voceira do Grupo Popular na Deputación de Lugo, Elena Candia, sinalou esta mañá que “os lucenses sexan os sufridores da ausencia do ente provincial ao longo destes anos por mor da nula xestión do seu presidente, José Ramón Gómez Besteiro”. A popular acusou ao responsable da Institución de presumir de débeda cero “a base de dar as costas aos cidadáns e non asumir as súas competencias”.
“Hoxe eramos coñecedores que a Deputación Provincial cancelara operacións de endebedamento con entidades financeiras, contratados no ano 2010, outra de decembro de 2007, outro de abril de 2010 e outras dúas do ano 2003, indicándonos así que neste momento as operación de crédito con entidades financeiras ascende a 0 euros”- afirmou a popular, quen manifestou que para intentar acadar este titular de endebedamento cero “os lucenses tiveron que sufrir a ausencia desta Institución no seu traballo e no desenrolo das súas competencias”.
A popular informou que Deputacións como a de A Coruña acadaron ese mesmo obxectivo en xullo do ano pasado con débeda cero, asumindo as súas competencias e lembrou que esta Institución “dedicou nos últimos 4 anos 100 millóns de euros en plans de obras e servizos para todos os concellos, e a maiores outro tipo de instrumentos para dotar de liquidez, podemos cuantificar en máis de 300 millóns de euros para axudar e cooperar cos concellos”.
“Uns datos que contrastan coas inversións do Señor Besteiro, quen no relativo ao Plan de Obras e Servizos achegou só 926.846,06 euros a obras municipais, mentres que os concellos aportaron a este plan 1.085.319,78 euros. Chega a ter liquidez para cancelar as operación, logo de non executar diñeiro de exercicios presupuestarios anteriores e, o que é moitísimo máis grave, logo de non atender e darlle as costas á maioría dos concellos da nosa provincia, de non asumir as súas competencias”- manifestou Candia, quen sinalou que ese anuncio non é froito de moitos eloxios porque hai unha mala xestión detrás.