A candidata do PP de Lugo Elena Candia acusou a Lara Méndez de “ser cómplice “unha mala decisión que rompe co esforzo que se fixo hai anos para achegar a universidade ao centro rehabilitando un edificio na Praza de Pío XII”.
Para a candidata do PP é grave a inacción da alcaldesa “que tiña coñecemento dos plans do vicerreitor, que foi ex concelleiro socialista, de pechar este edificio e que non fixo nada para impedírllelo”. “O que nos parece moito máis grave é que Lara Méndez intente minimizar as súas repercusións manifestando que o debate é innecesario, cando con este peche se restan servizos ao casco histórico descapitalizando o centro”.
Candia cualificou de sorprendentes as declaracións de Méndez e pídelle que “deixe de enganar á cidadanía con eufemismos xa que o peche do vicerreitorado é algo real e non se trata dunha cuestión metafórica como pretende facernos crer”.
A popular agarda que a alcaldesa reconsidere a súa actitude e traballe para reverter esta situación.