Candia compromete diante de entidades sociais que “a Xunta blindará os seus proxectos e permitirá amplialos”

A candidata do PP lucense ao Parlamento de Galicia e presidenta provincial, Elena Candia, explicou que “no programa do Partido Popular as persoas están no centro” e empezou a súa intervención dándolle as grazas  a todas as entidades sociais pola súa implicación e esforzo xa que chegan co seu traballo impagable a onde as administracións non alcanzan”.

 Centro para  persoas con alzhéimer en Calde

A cabeza de lista do PP por Lugo, manifestou que este será “o primeiro centro para persoas con enfermidade de alzhéimer de Galicia que situará en Calde. “Estou moi agradecida a Rueda e á conselleira de Servizos Sociais pola sensibilidade demostrada con este proxecto pioneiro que impactará de forma positiva na vida de moitas familias lucenses que teñen ao seu coidado a persoas que sofren esta enfermidade”. Subliñaba.

Pola súa banda Fabiola García explicou que o goberno de Rueda seguirá traballando para mellorar servizos para a cidade destacando outros proxectos sociais como un novo espazo xove para ocio en todas as cidades, darlle novos usos ás instalación de Aspnais entre outros.

Saúde mental

En materia de saúde mental, o responsable da sanidade do goberno galego, julio Comesaña, comprometeu a incorporación de “persoal de psicoloxía clínica en atención primaria e a extensión en toda Galicia do programa de prevención nas aulas que a Xunta iniciou este ano en varios centros”.

Tamén destacou a necesidade de avanzar na atención domiciliaria de pacientes maiores e crónicos complexos para minimizar os seus desprazamentos así como a posta en marcha de unidades especiais para estes pacientes nos hospitais de día para que, no caso de ter que acudir ao hospital, eviten o paso por urxencias e reciban atención inmediata.

Por último en materia de sanidade destacou que o programa de Rueda compromete a extensión de novos programas de cribado de cancro de pulmón ou próstata, tralo éxito e ampliación dos de cancro de mama, colon ou cérvix implantados nestes anos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com