Candia confirma un acordo con Darío Campos para aprobar as contas da Deputación

A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, confirmou esta mañá a existencia dun “acordo” co presidente Darío Campos para aprobar as contas do ente provincial. Candia sinalou esta mañá que ten “plena confianza no compromiso adquirido”, polo que o documento de orzamentos sairía adiante grazas aos votos de populares e socialistas.

Deste xeito, as contas poderían quedar finalmente aprobadas no pleno extraordinario que Campos convocou o luns ás dez da mañá. O presidente decidiu onte a última hora adiar a sesión plenaria inicialmente convocada para hoxe ás doce e media co fin de buscar tamén o voto favorable dos deputados provinciais do BNG.

O voceiro do PSOE na Deputación, Álvaro Santos, confirmaba que Campos tomou a decisión de aprazar o pleno co fin de acadar “o maior consenso posible” e dado que quedan “matices insignificantes de redacción” para plasmar os acordos acadados.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com