A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e máis a Presidenta da Deputación, Elena Candia, fixeron esta mañá sendas valoracións sobre a imputación do Secretario Xeral dos Socialistas galegos, e ex presidente do ente provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro polo caso Garañón.
A Alcaldesa sinalou que “penso que e tremendamente inxusto que Gómez Besteiro se enterara da súa imputación a traveso dos medios de comunicación. O estado de indefensión é total, esto non é novidoso, as filtracións son constantes e habería que tomar medidas. Dito isto, pedir a máxima premura na resolución deste caso, porque se un proceso se alonga moito no tempo, e sei de qué falo, aínda que logo a Xustiza che dea a razón, o dano e irreparable”.
En canto a posición de Gómez Besteiro no Partido Socialista, Méndez explicou que “o código ético do partido permítelle seguir exercendo o posto de Secretario Xeral. Eu teño total confianza na súa inocencia”, concluíu.
Pola súa banda, Elena Candia, afirmou ao respecto da imputación do seu predecesor no ente provincial que “sempre tento ser moi respetuosa coa Xustiza, aínda que é certo que os feitos que lle atribúen ao ex presidente teñen unha gravidade importante, pero hai que esperar a que a Xustiza o resolva, non creo que eu deba de facer unha valoración máis extensa sobre o tema”.
Doutra banda, a Presidenta anunciou que o Pleno de Organización da Deputación de Lugo está prevista para o luns ou martes da semana que vén.