Candia insta a Campos a convocar unha reunión sobre os orzamentos de 2017 e evitar o seu retraso

O Grupo Provincial do Partido Popular rexistrou hoxe un escrito na Deputación de Lugo para urxir ao presidente do organismo provincial a que convoque coa maior brevidade posible a reunión cos grupos da oposición para a elaboración dos presupostos do ano 2017 para que poidan ser aprobados no prazo legalmente establecido e evitar que se retrasen, como aconteceu cos do ano 2016.

A voceira do Grupo Provincial do Partido Popular, Elena Candia, puxo de manifesto a necesidade de que se convoque esta xuntaza “coa maior brevidade posible para evitar sobrepasar o prazo legal para a presentación das contas”.

Candia recórdalle ao presidente provincial que segundo fixa a lei “quedan apenas 15 días como límite legal para a presentación das contas” e lamenta que “polo momento, non recibimos convocatoria para a celebración desta reunión”.

Dende o Grupo Provincial do PP pídenlle ao presidente da Deputación, o socialista Darío Campos, “responsabilidade” e recórdanlle que “o grupo de goberno actual na entidade provincial non conta coa maioríasuficiente no Pleno para a adopción de acordos”.

“Esixímoslle ao presidente que se poña a traballar e que atenda as súas competencias para dar resposta aos problemas dos cidadáns e evitar así o espectáculo ao que someteron a esta institución para a aprobación das contas do 2016, cando sobrepasaron con creces o prazo establecido legalmente para a presentación das mesmas”, conclúe Candia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com