Candia e Martínez reúnense para chegar a acordos sobre o traballo de Suplusa

Abrir a residencia da terceira idade de Castroverde e impulsar o polígono industrial de Cospeito foron os acordos acadados este martes pola voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, e o actual presidente de SUPLUSA, Manuel Martínez, durante a reunión que mantiveron este martes, xusto antes do comezo da sesión plenaria da Deputación.

Así o confirmou a popular a preguntas do xornalistas, quen destacou que esta xuntanza xorde da petición realizada por ela mesma, unha vez que se fixo pública a notificación da inscrición da Sociedade Urbanística Provincial de Lugo S.A. (SUPLUSA) no RUEPSS (Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais). Precisamente, este era un trámite necesario para que a Deputación, a través desta entidade, poida abrir as residencias que ten proxectadas na provincia.

“Temos que ser claros e concretos e estes proxectos teñen que arrancar. Vamos a ser unha garantía de que así sexa. Son dous proxectos que son demandados e que non teñen ningunha trama burocrática. De feito, no caso do polígono, o alcalde xa se reuniu tamén co presidente”. “O noso compromiso, remarcou Candia, é empezar no proxecto e non deixalo ata que remate. Imos ser unha garantía e seguimos traballando nesa dirección”, apuntou.

Elena Candia agradece así que a súa petición de reunión fose atendida con rapidez, pois permite dar unha resposta en positivo tanto aos concellos afectados como aos propios veciños, que reclaman da institución lucense a posta en funcionamento destes centros, que continúan sen funcionar acumulando importantes atrasos dende que se aprobou a
encomenda de xestión en outubro de 2010.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com