“O Partido Popular consolídase como a primeira forza política na provincia”, manifestou Elena Candia durante a reunión da Xunta Directiva Provincial celebrada na tarde de onte, a primeira despois das eleccións xerais do pasado domingo 10 de novembro, e que contou coa presenza do conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez.
“Somos a opción preferida polos lucenses”, determinou a presidenta do PP provincial ao facer balance dos resultados dos últimos comicios incidindo en que “o Partido Popular foi a forza política máis votada con 67.942 sufraxios, o que representa o 38,13%. É dicir, a lista do PP ao Congreso superou en 6,2 puntos porcentuais á segunda candidatura máis votada, a do PSOE, que recibía 56.892 apoios, 11.050 votos menos que a dos populares”.
Candia destacou tamén o incremento en 4,5 puntos do apoio recibido polos populares nas urnas con respecto ás eleccións de abril. “En sete meses sumamos 751 votos máis”, apuntou. “Con estes datos podemos dicir que o PP medra en Lugo por riba da media galega e española”, engadiu.
Así mesmo, recordou a presidenta do PP da provincia que “o Partido Popular foi a forza máis votada en 51 dos 67 concellos lucenses –o 76%-, mentres que o PSOE tan só logrou situarse como primeira forza en 16 municipios”. E isto supuxo que “o Partido Popular gañou en 20 concellos onde hoxe non ocupa a alcaldía: Burela, Barreiros, Ribadeo, Trabada, Lourenzá, O Valadouro, Muras, Xermade, Vilalba, A Pastoriza, Rábade, Meira, Guitiriz, Becerreá, O Páramo, Monterroso, Sarria, Samos, Pobra do Brollón. E, logrou adiantar ao PSOE en 9 concellos onde os socialistas foron a forza máis votada no mes de abril: Cervo, Burela, O Valadouro, Lourenzá, Ribadeo, Trabada, Rábade, Láncara e Sarria”.
Con respecto ao Senado, Elena Candia tamén sinalou que o PP obtivo 3 senadores incrementando o seu respaldo con respecto aos anteriores comicios: José Manuel Barreiro -que foi o senador máis votado da provincia, na cidade de Lugo e o 3ª senador do Partido Popular en España con máis porcentaxe de voto ao alcanzar un 39,70% dos sufraxios-, Rosa Arza –que logrou o 39,59% dos votos- e Manuel Lorenzo Varela –que contou co apoio do 37,49% dos votantes-.
A máxima dirixente dos populares na provincia de Lugo agradeceu o apoio dos votantes que fixo posible que Lugo conte con tres representantes do PP no Senado e dous deputados no Congreso –Jaime De Olano e Joaquín García Díez-; pero tampouco quixo esquecer o traballo e a colaboración dos interventores e apoderados no día da xornada electoral.
Nov 22, 2019 - 02:00 PM
Por que non parades de en gañar os nosos maiores😔😔😔
Nov 22, 2019 - 01:40 PM
Non medrachedes nada , simplemente algún voltou a “casa” antes do nadal .