Candia presenta a estructura do Grupo Municipal

Elena Candia presentou, acompañada polos 11 candidatos que entrarán na corporación o vindeiro sábado 17 de xuño, a estructura do Grupo Municipal e tamén avanzou a estratexia e o reparto de áreas que consensuou cos integrantes da agrupación. “Cada persoa do equipo terá unhas responsabilidades de traballo cun dobre obxectivo: por un lado, fiscalizar as accións do goberno e, por outra banda, facer un traballo propositivo”.

Os populares facían este anuncio logo de rexistrar unha carta dirixida á candidata do PSOE e ao candidato do BNG solicitando sendas xuntanzas nas que Elena Candia ofrece un pacto para que sexa a forza máis votada a que lidere o goberno de Lugo. “De rexeitar este ofrecemento e reeditarse o pacto de perdedores non tería sentido darlles os 100 días de gracia, nin agardar nin un só día para xulgar as súas accións políticas. Non sería xusto nin razoable”.

A popular manifestou que “o goberno en paralelo que presenta asume áreas que non teñen porque coincidir coa división que fagan, no futuro, socialistas e nacionalistas”. Reparto de áreas:
Elena Candia López.-Voceira do Grupo. Área de Economía e Cultura.                                                                                                                                                                            Cristina  Sanz.-Fondos europeos e seguimento Lugo Transforma. Asesoramento a empresas e emprendedores
Enrique Rozas.- Vicevoceiro Seguridade, participación (atención á cidadanía) e área de deportes
Antonio Ameijide.- Infraestruturas, mobilidade e medio ambiente (compartirá con Silvia Colmenero unha subárea deste eixo)
Javier Vázquez.- Educación
Flor Rubinos.- Atención ás 54 parroquias da zona rural
Silvia Colmenero.- Comercio, industria, consumo e medio ambiente (compartirá con Antonio Ameijide unha subárea deste eixo)                                                                  Ramón Cabarcos.-Rehabilitación e urbanismo
Agustín Gallego.- Turismo e promoción do municipio.                                                                                                                                                                                                          Aurora Goás.-Muller e Igualdade
Gustavo Díaz.-Benestar SocialMigración e voluntariado
Mar Carballas .- Recursos humanos e atención á infancia e á xuventude.

Candia avanzou que fará reunións periódicas coas 35 persoas que a acompañaron na súa lista electoral e lembrou o seu compromiso de, como mínimo, unha vez ao ano xuntarse coa veciñanza dos barrios e das 54 parroquias.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com