A candidata do Partido Popular explicou que “impulsará acordos co propietario da concesión das augas termais do balneario para que as caldas artificiais que construíu o goberno local á beira do Miño Lugo poidan beneficiarse das augas mineromedicinais do Balneario”.
Tras reunirse co seu propietario anunciou que “promoverá acordos para acadar este reto” indicando que “Lugo é unha cidade termal que debe ter un maior un protagonismo nun modelo de municipio de futuro e de oportunidades”
“Queremos que as mal chamadas Caldas, sexan de verdade espazos con propiedades mineromedicinais polo que debemos apostar por ter aí unhas instalacións cun valor engadido, que nos axuden a diferenciarnos e que se poidan converter nun atractivo turístico de verdade”
A popular comprometeuse a traballar para aproveitar aquelo que nos diferencia, como o Balneario de Lugo, un espazo único, con recursos termais, un elemento diferenciador que temos que ter en conta á hora de planificar infraestruturas para que poidan aproveitar as propiedades mineromedicinais das súas augas.
A popular tamén manifestou que se mellorará a iluminación da contorna do edificio do Balneario.