A Candidatura socialista da provincia de Lugo visitou este domingo o concello da Pontenova. Os candidatos, Luís Álvarez, Concepción Burgo e Patricia Otero, xunto con outras autoridades como Presidente da Deputación de Lugo e Alcalde da Pontenova, Darío Campos, e o Alcalde de Burela, Alfredo Llano, realizaron un paseo polas rúas da vila.
Luís Álvarez remarcou que dende o PSdeG-PSOE “temos un proxecto e temos capacidade para liderar a Xunta, Galicia ten serios problemas de emprego, demografía ou pensións, e necesita unha resposta nova que chegará da nosa man”.