A Deputada de
Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, xunto á Concelleira de
Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre Vázquez, e a Vicerreitora de Servizos Universitarios do
Campus Terra da USC, Mª del Carmen Silva Domínguez, presentaron hoxe na Capela de Santa María o
Festival de Teatro Universitario e a
Findecurta. Estas actividades están enmarcadas dentro do
Lugo Cultural, o convenio de colaboración da
Deputación,
Concello de Lugo e
Universidade de Santiago de Compostela, dotado de 60.000 euros. Cada entidade achega 20.000 euros.
O teatro é unha aposta do Lugo Cultural, por iso do 21 ao 27 de marzo celebrarase a XXVII edición do Festival de Teatro Universitario, que reunirá a diferentes compañías de Galicia e que dedica unha xornada á exposición dos microproxectos nos que traballan estudantes de teatro que se atopan fóra de Lugo.
Pola súa banda, a segunda edición da Findecurta terá lugar do 31 de marzo ao 3 de abril. As persoas que queiran participar neste certame audiovisual para o impulso de novos creadores, teñen que inscribirse do 13 ao 29 de marzo na Oficina de Cultura na Vicerreitoría de Coordinación, de 9:00 a 14:00 horas, ou enviar un correo electrónico co pdf a cultura.lugo@usc.es.
Ao rematar a presentación os integrantes da Compañía de teatro USC-Lugo realizaron unha pequena interpretación da obra Paz Perpetua, no escenario da Capela de Santa María.
Post Views: 0