O voceiro do Grupo Popular, Ramón Carballo, acusa á alcaldesa de Lugo de retrasar “de forma intencionada” a apertura do novo auditorio de Magoi. Os populares están convencidos de que ata 2023 non poderemos disfrutar desta infraestructura xa que “Méndez está dilatando a súa posta en marcha para que o BNG, responsable da política cultural, non poida utilizar esta dotación e sacar réditos electorais”.
Por este motivo, o voceiro do PP anima ás asociacións culturais “a que recuperen o espíritu de unión do que fixeron gala cando reclamaron, hai anos, un auditorio de nivel para Lugo”. “É preciso presionar a este goberno para que axilice a apertura do novo Auditorio de Magoi e, deste xeito, incorporaríamos a Lugo nos circuítos de eventos de alto nivel de convocatoria” matizando “eso sen desmerecer as aportacións, sempre valiosas, dos nosos grupos e artistas locais”.
Carballo indicou que “é un despropósito a situación na que se atopa o Auditorio de Magoi” subliñando que “está claro que nin teñen vontade de abrilo, nin saben que modelo de xestión queren implantar para que funcione cunha programación de nivel”. Dende o PP anuncian que pediran explicacións detalladas dos motivos polos que o goberno de Lara Méndez “descartou os informes que xa estaban listos”.
Por último o voceiro popular di que “non é de recibo que a día de hoxe se utilice a Xunta como disculpa cando o 23 de xuño de 2020 o Concello de Lugo recibiu as chaves do edificio que se entregou en bo estado, tal e como informaron favorablemente os propios técnicos municipais antes da súa recepción”