Carballo explica a súa aposta por uns servizos sociais “igualitarios” que reduzan trámites

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Lugo, Ramón Carballo, visitou diferentes asociacións con sede na casa Clara Campo Amor, ás que lles expuxo as súas propostas en materia de dinamización e integración e das que escoitou as súas achegas para poder incorporalas ao seu programa electoral.

Neste encontro, o alcaldable popular fixo especial fincapé na “dinamización igualitaria dos barrios” un punto fundamental no programa de Ramón Carballo para garantir unha oferta equilibrada de servizos, recursos e actividades, así como a uniformidade no funcionamento dos centros de convivencia.

O candidato popular propón que a cidadanía lucense teña acceso aos recursos e actividades en igualdade de condicións para o que aposta por un regulamento que garanta un funcionamento uniforme dos centros sociais no que se refire a horariós e atencións asi como a criterios de acceso e participación.

Ramón Carballo tamén explicou que ten como obxectivo reforzar ao tecido asociativo de Lugo, ao que ve como un “piar fundamental” para o desenvolvemento da cidade, que precisa “da unión e do esforzo” de todos. Nese senso, aposta por incrementar a coordinación e cooperación interadministrativa, garantindo a axilidade e transparencia na convocatoria e tramitación de subvencións aos diferentes proxectos sociais cos que traballan.

O popular tamén puxo sobre a mesa a súa intención de desenvolver accións de sensibilización e concienciación cidadá para promover un uso responsable dos recursos, así como o respecto polos espazos reservados á persoas con discapacidade ou contribuír á eliminación da estigmatización social de persoas en situación ou risco de vulnerabilidade, cuestións para as que considera fundamental fomentar o voluntariado.

Por todo isto incorpora ao seu programa a intención de impulsar diferentes plans municipais como o de Atención a Diversidade ou de Fomento do Voluntariado, que axuden a construir un Lugo máis inclusivo, mais igualitario e mais solidario.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com