Carballo lamenta que Sánchez “dea largas” á creación do novo Xulgado do Social

O Presidente da Xunta local do PP recibiu hoxe a contestación do gabinete de presidencia do goberno de España sobre a necesidade de crear un cuarto xulgado do social en Lugo con gran esceptismo.

Ramón Carballo asegura que “o ninguneo do PSOE á alcaldesa de Lugo e á súa cidadanía chegou a tal punto que o Presidente do Goberno responde antes ao candidato do PP que á súa alcaldesa”. Ramón Carballo puxo de manifesto que “a súa resposta á petición que cursamos o pasado 28 de febreiro reafirma o decálogo de agravios que presentamos esta semana” lamentando que “un asunto de tal calibre” despáchese en seis liñas.

O que fixeron é, segundo os populares, “dar largas, lavarse as mans e trasladar o tema ao Ministerio de Xustiza”. O Presidente da Xunta Local do PP sospeita que a alcaldesa dá a calada por resposta con este asunto porque sabe de antemán que non vai contar co apoio do seu partido para que Lugo teña esta dotación que é unha reclamación de toda a sociedade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com