O candidato do PP de Lugo á alcaldía propón a posta en marcha dun Plan de Impulso ao comercio de proximidade cuatrineal baseado en tres liñas estratégicas, que se desenvolverán entre o ano 2019 -2023, e que ten por obxectivo “favorecer o desenvolvemento e a consolidación do comercio de sempre nos diferentes barrios do municipio”.
Nese senso, recalcou que hai que aproveitar as sinerxias do Xacobeo 2021 e, por iso, o primeiro eixo pivotará sobre unha serie de iniciativas relacionadas co Camiño Primitivo destacando a creación dunha liña de axudas para a creación de negocios relacionados co camiño primitivo. O segundo dos eixos deste Plan de apoio ao comercio de sempre é prestar unha especial atención ao comercio do casco histórico xa que “consideramos que este sector contribúe a transmitir ao turista a imaxe do que é Lugo”.
Por ese motivo levaremos a cabo unha mellora da accesibilidade coa posta en marcha dun plan especial de tráfico para facilitar a rotación de vehículos “implantaremos a gratuidade da ORA e ampliaremos as prazas dos aparcamentos municipais”. Tamén crearemos un catálogo de comercios emblemáticos no casco histórico que teña por obxecto a protección e posta en valor do comercio tradicional e que sirva como reclamo turístico y cultural da cidade. Outro aspecto que contribuirá a mellorar a estética do centro é a tan necesaria actualización do PEPRI.
O terceiro bloque de medidas aglutina varios puntos relacionados con axudas municipais directas para o comercio local, formación e reciclaxe ás Novas Tecnoloxías, guías de compras ou apoio ao relevo xeracional.