Carencias do servizo de BUS na Zona Norte da cidade Lugo

Comunicado da  Plataforma pola Defensa da Zona Norte, agrupación de todas as Asociacións Veciñais dos Barrios da Zona Norte de Lugo: Sagrado Corazón, Gándaras, Paradai, Milagrosa, Piringalla, Garabolos, Castiñeiro, Casas.

Carencias do BUS na Zona Norte da cidade Lugo:

A reforma das liñas dos autobuses urbanos fíxoa o BNG sen consultar coa xente, sen recoller suxestións da xente, sen dar participación ningunha á veciñanza, despois duns dous anos que pasaron desde que se iniciou a reforma, notamos graves carencias no funcionamento do BUS na Zona Norte da cidade.

As carencias fundamentais con respecto ao BUS na Zona Norte son as seguintes: Os veciños e veciñas do Sacgrado Corazón e a súa área incluídas as rúas Venancio Senra e Calzada de As Gándaras, solicitan que se contemple nos orzamentos municipais de 2024, a contía requirida para a recuperación das liñas suprimidas de BUS URBANO que daban comunicación ao barrio, co resto da cidade (lembramos que é un barrio con demasiadas persoas con mobilidade reducida ou funcional que se achan gravemente prexudicados). Estamos a referirnos á liña 7A (As Gándaras – Cemiterio e a liña 7 (As Gándaras – Campus). Coa liña 7A o autobús urbano subía pola rúa Venancio Senra e tiña a súa parada nas inmediacións do polígono e noutros puntos desa rúa. A liña 7 do autobús urbano baixaba pola rúa Venancio Senra e dispoñía de parada nunha esquina do Polígono. A supresión causou un importante prexuízo á cidadanía, ao colexio, ao centro de saúde, aos negocios. A súa recuperación é esencial e requirible, polo cal reclamamos a súa nova posta en funcionamento a curto prazo.

Os veciños e veciñas da Milagrosa, demandan que non teñen ningún bus directo ao Cemiterio como tiñan antes, agora para poder facelo teñen que ir a Ramón Ferreiro e alí cambiar de liña, coa dificultade que isto supón para a gran maioría da xente que nos demanda este servizo e que se trata de xente maior, que estes transbordos suponlles unha dificultade importante.

Desde a zona de Paradai, indícannos que unha das liñas que pasa polo barrio vai polas Gándaras – Sagrado Corazón e Rolda (Sindicatos), o percorrido lévalles media hora, polo que,  chegan antes ao centro andando.

Outra liña vai por Río Narla -Avda. Coruña – Irmáns Carro – Fontiñas. Esta liña non vai ao centro e din que os buses van practicamente baleiros. Necesítase un bus de ida e volta cara ao centro (Porta San Fernando – Porta Rúa Nova), o máis preto posible da Praza de Abastos.

Outra eiva importante é que, para ir ao Hula teñen que utilizar o intercambiador e á xente maior complícaselle , non saben utilizalo.

Tamén os veciños e veciñas do Barrio de O Castiñeiro, protestan pola liña 9, Na súa opinión, deberían reformulala, este é o bus que vai ao Hula, o cal vai sempre  a tope de xente, xa que nel viaxan moitos traballadores do hospital e ademais ten escaleiras o que dificulta de xeito moi importante a mobilidade das persoas que levan muletas ou van en cadeira de rodas.

En función de todas estas queixas presentadas, solicitamos unha revisión das liñas do BUS. Unha revisión adaptada ao que pedimos os veciños e veciñas, e non soamente o que quere o BNG.

 

Lugo, 26 de marzo de 2024.

Plataforma pola Defensa da Zona Norte.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com