As primarias celebradas na agrupación de Esquerda Unida en Lugo refrendaron a candidatura de Carlos Portomeñe, actual concelleiro do grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida, cun 93,8% dos votos a favor e un 54% de participación sobre o total da militancia comarcal, unha porcentaxe alta considerando que se trataba dunha lista de consenso sen competencia entre candidaturas.
A lista encabezada por Carlos Portomeñe e consensuada polo Consello Local de EU Lugo, está integrada por María Jesús Rodríguez, psicóloga da Xunta de Galicia especializada en menores e membro fundadora da asociación cultural Tele-Clube adicada á programación de concertos de música alternativa; José Luis López Álvarez, responsable de Industria de CC.OO. Lugo; Vanessa Somoza Domínguez, artista plástica e presidenta da Asociación Mil Cores centrada no fomento da creatividade na infancia; Diego Moreira Ulla, delegado sindical da CIG na empresa municipal Urbaser e Carmen González Magdaleno, xornalista e secretaria de comunicación de EU Lugo. Sen ningún voto en contra e tan só un en branco (6,2% de abstención), a militancia de Esquerda Unida en Lugo renova a súa confianza en Carlos Portomeñe e a súa satisfacción co labor desempeñado por ACE-EU durante estes catro anos na oposición da corporación municipal.
A vocación da lista é aúnar a solvencia para unha alternativa real de goberno dende a esquerda e a presencia activista, por eso tódalas persoas integrantes da lista de EU son activas participantes na organización dos conflictos laborais e dos principais movementos sociais da cidade, como a Plataforma Feminista, Lugo Sen Mordazas ou a Plataforma Cidadá contra a Impunidade da Carioca. A candidatura será presentada nun acto público nos vindeiros días.