Carlos Rodríguez Otero,  director de Música do St. Edmund College da Universidade de Oxford

Carlos Rodríguez Otero vén de ser nomeado director de Música do St. Edmund College da Universidade de Oxford (Reino Unido), coñecido popularmente como “Teddy Hall”, que se considera a máis antiga sociedade para a educación de calquera Universidade.

St. Edmund College dá gran importancia á música dentro da súa actividade, e Carlos Rodríguez terá, entre as súas responsabilidades centrais, a dirección do Coro da entidade, e o desenvolvemento dunha escena musical inclusiva e vibrante. O seu primeiro traballo consistirá na dirección da xira anual do coro á Abadía de Pontigny na Borgoña francesa, o próximo mes de setembro.

Nacido en Santiago, medrou en Bristol e alí estudou violín e piano. Foi profesor de coro no Queens’ College de Cambridge, e secretario laico tenor en St. John’s College, Cambridge, así como director de Fisher House Schola Cantorum, e de diversos proxectos corais e orquestrais en todo o Reino Unido. Como tenor, canta co grupo Tenebrae, e ten actuado co Orfeón Lucense. Ensina música a persoas de todas as idades, e ademais de compositor e músico practicante, está rematando un doutorado en música sacra do século XVI no norte de España, cun enfoque académico xeral na música medieval y moderna en Inglaterra, España e Italia.

Carlos Rodríguez é fillo de Santiago Rodríguez, Fillo Adoptivo de Paradela, e neto do Fillo Predilecto Manuel Rodríguez López, tendo participado como músico desde moi neno nos actos do Certame Literario paradelense.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com