Carme Adán, política, filósofa e ensaista, presenta o vindeiro sábado, 30 de marzo, en Lugo o seu libro Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión editado por Galaxia. A presentación terá lugar ás 12.30 horas na libraría Trama, da avenida da Coruña.
A autora estará acompañada por Marta Rodríguez, presidenta da asociación Si, hai saída, e Xoan Manuel Vázquez, profesor de Filosofía.