Carmen Basadre anuncia a celebración do I Mercado de Produtos do Entroido

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou este martes no Salón de Plenos as bases polas que se convoca o I Mercado de Produtos do Entroido, que se celebrará do 13 de febreiro ao 1 de marzo na praza Horta do Seminario.

A edil explicou que “este mercado contará con 15 postos de venda, nos que se venderán produtos típicos do Entroido, como filloas, freixos, ou orellas, produtos gastronómicos que gocen de selos de calidades, como agricultura ou produción ecolóxica, denominación de orixe, ou Indicación Xeográfica Protexida e que sexan propios desta festividade”.

Os postos disporán de casetas montadas especificamente para este mercado cunhas dimensións de 3x2x2,90 metros e con persiana de seguridade. Cada stand contará con subministración eléctrica e consumo máximo de 1.100 vatios.

O prazo de presentación da documentación para optar a un destes postos está aberto ata o 15 de febreiro e as bases están dispoñibles para todos os interesados na web municipal www.lugo.gal, ou no teléfono de atención cidadá 010.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com