Carmen González loitará pola alcaldía de Lugo baixo a marca Galicia Sempre

O creador da marca electoral, Galicia Sempre, Manuel Martínez, vén de presentar esta mañá á que encabezará a lista da formación independente na cidade de Lugo.

O seu nome Carmen González, é profesora de Filosofía no IES Lucus Augusti e declárase independiente e votante de centro esquerda. Aínda que nunca estivo ligada á política, asegurou esta mañá estar comprometida co proxecto de Martínez ante a crispación local que se vive na cidade.

No seu programa, tres cuestións clave a arranxar: a administración local, a RPT e a situación de inseguridade creada pola crise da Policía Local.

Manuel Martínez advertiu que nos vindeiros días presentará ao resto da candidatura en Lugo, unha lista xa pechada, completa de xente independente e con liberdade absoluta para acordar e pactar o que consideren mellor para a cidade.

Novas relacionadas

  1. Javier Folgueira Carreiras O Picañeira
    Abr 12, 2019 - 01:00 AM

    Non van ganar Lara gobernará outra vez

    Reply
  2. Luis Díaz
    Abr 12, 2019 - 12:29 AM

    Conozco a Carmen , diría que es buena gente , pero … qué pinta al lado de ese vividor zancadillero de la política ?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com