Carteis electorais

Estamos en plena campaña electoral aínda que non se note demasiado. Eu non sei se a aparente desidia dos participantes ou desinterese nos posibles vortantes ven dado porque aínda non hai un mes que participamos nunhas eleccións xerais ou porque a situación existente non orixina entusiasmos e fervores.

O martes en Santiago contemplei os carteis dos partidos con maiores posibilidades teóricas, e pareceume pobre o entusiasmo do PP que se esforza por esgrimir o argumento de “Santiago capital”, pero peor é o do Psoe, con carteis coa cara de Bugallo cuns trazos en vermello por encima, que pensei eran obra dun pintor gamberro.

Como todos os carteis presentaban os mesmos trazos, acabei por ver que o que figura en roxo é o pronome “ti”, que hai que esforzarse moito para comprender que están achegando o candidato ao votante, ou equiparándoo con quen contempla. O resultado é lamentable.

En Lugo observamoa un certo descoido nos carteis, que parecen feitos á presa, para salir do paso como se todo esto collese aos equipos políticos co paso cambiado. Os carteis do Psoe que adornan Duquesa de Lugo mostran un Borrell sorrinte, que un non comprende que pinta aquí, e ao lado unha señora que me costou traballo comprender que é a actual alcaldesa.

Outro cantidato proclama nun cartelón que o seu traballo vai “Polo futuro de Lugo”, evidenciando que se trata de xente nova, e novos os seus equipos, que non lembran que hai trinta anos, o Partido Popular do que era o líder absoluto Francisco Cacharro Pardo, xa loitaba “Polo futuro de Lugo”.

Claro que eso tamén hai tempo lle pasou ao Psoe cando o alcalde Orozco fixo unha campaña co lema “Paixón por Lugo”, sen saber ou sabendo que uns anos antes se publicara un libro co mesmo título para celebrar o aniversario dun medio informativo.

Este descuido pode tamén deberse a que cada vez lle fagamos menos caso aos carteis, ignoremos a vella ceremonia de pegada na apertura de campaña, e que hoxe funcionan moito mellor os medios audiovisuais, e os contactos vis a vis.

Ou todo o pescado está vendido… ou é que os aspirantes non se queren mollar antes de tempo. O certo é que esta campaña non é que estea descafeinada, senón que parece pura achicoria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com