A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada polos Concelleiros de Deportes e Benestar Social, Miguel Fernández e Ana González Abelleira, respectivamente, presenciaron este sábado na Casa do Deporte a Festa Galega do Cachibol en Lugo.
Neste evento, organizado polo Concello en colaboración coa Agrupación Deportiva Xogara, participaron grupos de Santa Comba, Vigo, Ourense, Mesía e Lugo. Todos estes grupos xogaron tamén ao korfball, kinball e brilé. O grupo da cidade lucense está conformado polas persoas participantes nos obradoiros de cachibol do Centro de Convivencia de Fingoi.