A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, informou da utilización das casas das asociacións, os dous equipamentos do Concello que dispoñen de locais cedidos a vinte colectivos sociais da cidade para o desenvolvemento dos seus programas e actividades.
A Casa Clara Campoamor, que está situada na Avenida Infanta Elena 11, dispón de sete locais e un ximnasio. Actualmente están desenvolvendo os seus programas nove asociacións que traballan con persoas con discapacidade. Trátase de Alcer, Alucem, Afalu, Agal, Agafi, Auxilia, FADEMGA, Parkinson e Raiolas.
A Casa María Mariño, que se atopa na rúa Monte Faro 2, conta con doce locais, un salón de actos e unha sala de usos múltiples. Nela desenvolven os seus programas e actividades once entidades, a Asociación Penitenciaria Concepción Arenal, Adace Lugo, Rioplatenses, Enriqueta Otero, Corazóns Artesáns, Reiki Lugo, ONG Ecos do Sur, Asociación Cultural de Axuda a Enfermos Crónicos, Implicadas no Desenvolvemento, Liga Reumatolóxica Galega e Cruz Vermella.
A entidade local abrirá proximamente unha nova convocatoria para poder acceder ao uso destes locais.