Casoiros

Para unir persoas hai dúas fórmulas, mesmo complementarias: pola Igrexa ou polo civil. Pola Igrexa, deben ser home e muller os contraíntes, mentres que polo civil a fórmula é máis variada tendo o límite no concello de Cadiz onde Kichi casou dous cans. O matrimonio pola Igrexa é “ata que a morte os separe”, o civil “mentres o corpo aguante” e ninguén se escandaliza por quen se xunte con quen.

En política matrimóniase por conveniencia ou amor asinando un pacto, sen límite de número, carácter ou confesión dos contraíntes, que pode resultar firme coma rocha ou ser arrasado por un simple ventarrón. Se fosen casoiros relixiosos, non poderían ter fin sen benzón postreira. Ao ser civís, non hai cancelas. Poden casar esquerdas con esquerdas, dereitas con dereitas, centros con centros, e toda a gama de mesturas, agás dereitas cos de máis á dereita, segundo as esquerdas.

Pola esquerda son bos partidos as esquerdas nacional ou nacionalistas, constitucionalistas con rupturistas, pacíficos con exviolentos… Pola dereita, máis temores que reticencias por se as esquerdas lles chaman “fachas”, esa palabra que Orwell recomendaba usar con circunspección.

Sempre escoitei que nun matrimonio ninguén se debe meter, a menos que haxa violencia. Ninguén se mete cos casoiros da esquerda. Deixen casar ás dereitas – é ben simplista a dicotomía -, que os votantes sempre teñen razón, e cada quen pode facer da súa capa un saio, con tal que non salpique.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com