Este domingo inaugurouse, na Sala de Exposicións do Castelo de Pambre, a mostra Esculturas e Pinturas de Lomarti, que estará exposta ata o 15 de xaneiro. A colección deste artista lucense está composta por 15 obras; 3 pinturas e 12 esculturas, que representan a relación do artista co medio natural. Lomarti é un artista mutidisciplinar (pintor, escultor, poeta, performer…) que posúe unhas fondas raíces agrarias, polo que en toda a súa obra hai un continuo diálogo coa terra e coa natureza.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.