Castiñeira acusa a Méndez de converter este San Froilán “no máis polémico da historia”

O voceiro do Grupo Popular Jaime Castiñeira afirmou hoxe en rolda de prensa que o San Froilán do 2016 pasará á historia pola polémica adxudicación das casetas do polbo, polas supostas irregularidades na elaboración do programa e revista oficial, polos cambios do cartel e pola incerteza sobre a instalación e montaxe das barracas.

O voceiro dos populares criticou que a alcaldesa convirta esta edición do San Froilán “no máis polémico da súa historia”, lamentando que “se perdan oportunidades para revitalizar unhas festas que son de todos os lucenses e de todos os galegos”

O referente á adxudicación das casetas do polbo. Castiñeira salientou que “se cumpre punto por punto, o guión que avanzou hai días o Grupo Popular”. Jaime Castiñeira lembrou como “xa advertimos que as bases desta adxudicación en vez de garantir a competencia o que garantían era a especulación”. Para o voceiro dos populares con esta adxudicación “arriscámonos a quedar sen casetas” engadindo que “é impresentable que se adxudiquen a unha mesma empresa os catro caldeiros e tres casetas xa que esta non é a mellor forma de garantir calidade do servizo”.

Con respecto ás presuntas irregularidades na contratación da revista oficial do San Froilán que hoxe relataba o xornal La Voz de Galicia, os populares pediron “explicacións inmediatas ao goberno socialista e acceso e copia dos expedientes relativos á edición dos programas e revistas dos últimos dez anos”.

Castiñeira reclamou ao PSOE e aos partidos políticos que o apoiaron unha explicación pública e “no caso de que non se produza” avanzou que pedirán “a comparecencia da edil responsable de cultura Carmen Basadre”. “As sospeitas que hai sobre a edición da revista oficial das patronais son graves, xa está ben de trapalladas”, reflexionou o voceiro popular.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com