O candidato do PP, Jaime Castiñeira, reuniuse co equipo de campaña para organizar e facer un diario cos actos de cara á vindeira cita electoral. Jaime Castiñeira explicou que xunto ao seu equipo desenvolverá máis de 200 actos de campaña matizando que serán “moi sinxelos, e a pé de rúa”.
O candidato á alcaldía afirmou que o Partido Popular presentou hai semanas o seu programa ao que poden acceder todos os lucenses a traveso da web merecesunlugomellor.es.
Jaime Castiñeira explicou que xunto ao seu equipo desenvolverá máis de 200 actos de campaña matizando que serán “moi sinxelos e a pé de rúa”.
A campaña electoral que estamos programando segue a mesma tónica que a precampaña “onde percorremos máis das 650 rúas da cidade, escoitamos aos colectivos sociais, veciñais e empresariais, abrimos a participación a través das redes sociais e, en definitiva, estivemos en contacto coa realidade de Lugo.
O candidato á alcaldía explicou que mentres outros se dedican a criticar o Partido Popular presentou hai semanas o seu programa ao que poden acceder todos os lucenses a traves da web merecesunlugomellor.es Tamén se están enviando estes días cartas persoais aos afiliados coas propostas do PP para mellorar o Concello.
“Unha vez superada esta fase estamos acelerando o ritmo dos repartos de información na rúa” indicou Castiñeira. O alcaldable popular indicou “temos unha boa rodaxe desta precampaña polo que seguiremos con moito traballo de rúa e con actos sinxelos”
O Equipo de Campaña co que traballará o candidato son persoas con versatilidade e complementariedade “que coñecen ben como mellorar Lugo” subliñou Castiñeira. “Trátase dun equipo responsable, traballador e con ganas de alcanzar o reto que temos por diante: sacar unha maioría absoluta”.
O coordinador da campaña é Antonio Ameijide, o adxunto de campaña Manuel Julio Platero, o encargado de finanzas Juan Carlos Plaza; a zona rural será responsabilidade de Manuel López. Da movilización encargarase Raquel Castiñeira; Mari Teijeiro e Javier Vázquez Nodal ocuparanse do programa a pé de rúa; Isabel Devesa das sectoriais; e Enrique Rozas de locais e instalacións.