Castiñeira: “dende o sábado, cada un terá que estar onde o puxeron os veciños cos seus votos”

O oco que están a deixar, pola parálise na que están sumidas,  as forzas que queren formar unha coalición de progreso para gobernar o concello de Lugo durante os próximos catro anos, está a ser aproveitado  polo candidato do Partido Popular á alcaldía de Lugo, Jaime Castiñeira,  para, de modo hábil pois condiciona dalgún xeito a posta en marcha do novo goberno,  expoñer  á opinión pública cales van ser as súas primeiras medidas se chega á alcaldía. “O primeiro que farei será establecer as tres liñas de apoio á creación de emprego cun investimento anual de seis millóns de euros”, posto que “a necesidade máis urxente que ten Lugo e os lucenses é a consolidación, a mellora e a xeración de postos de traballo”, ademais non esquece outras cuestións que estiveron moi presentes durante a campaña electoral como  a mellora dos servizos sociais do concello e a falta de transparencia, implementando “unha estratexia de impulso da transparencia nun Concello tan tocado e tan afectado polos casos de corrupción”. Asegura que “dende este sábado, a partir do pleno de investidura, cada un dos políticos que formaremos parte da nova corporación debemos ocupar o lugar que nos designaron os lucenses cos seus votos nas urnas”. Nesa liña, o cabeza de lista dos populares afirma que “como forza máis votada, temos o dereito e o deber de encabezar un goberno forte e estable, ilusionado e con ganas, centrado exclusivamente nos lucenses”.

Así, Jaime Castiñeira considera “unha circunstancia histórica” a pluralidade ideolóxica da nova corporación, con seis forzas políticas presentes. “Transformaremos o que hoxe moitos ven como unha debilidade (un goberno en minoría) nunha fortaleza para demostrar que entre os seis partidos políticos podemos sacar Lugo adiante”, asevera o candidato popular, quen contrapón esta actitude “de permanente diálogo e colaboración coas outras formacións” coa “cerrazón” que caracterizou ao goberno socialista en minoría dos últimos catro anos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com