Castiñeira: “lamentamos que Tomé estea máis ocupado en buscar avais para a súa candidatura que dos avais para garantir unhas boas estradas”

A Deputación ten 4.100 quilómetros de estradas. É evidente que en tan extensa rede, por un motivo ou por outro, é moi posible que se produza algún accidente cada ano. Así o recoñecen os popualres que, en cambio, consideran que “non é xustificable” que as estradas provinciais estean en condicións que non cadran coas necesarias para garantir a seguridade vial. O grupo provincial do PP leva presentadas numerosas iniciativas, recollendo queixas veciñais, para instar ao goberno provincial a mellorar a súa rede de estradas. Nesta ocasión, o portavoz popular, Javier Castiñeira, dá voz aos veciños afectados polas deficiencias da vía que une Burela e San Cibrao pola Marosa (LU-P 1510). Os populares din que o presidente da Deputación, José Tomé, logrou os avais para optar ao liderado do PSOE lucense, pero non os lograría para as estradas provincias, debido ao seu mal estado.

Castiñeira sinala: “Dende o grupo provincial do PP lamentamos que o señor Tomé estea máis ocupado en buscar avais para a súa candidaturas a dirixir o PSOE en Lugo que dos avais para garantir unhas boas estradas provinciais. O señor Tomé é o máximo responsable do mal estado das vías provinciais, por dous motivos: por un lado, porque é o presidente da Deputación; por outro, porque as estradas constitúen a principal competencia da Deputación, posto que son vías propias”. Tomé, en opinión de Castiñeira, “é o peor delegado de Vías e Obras da historia desta  Deputación, non só por telas en mal estado, senón por non aceptar deseñar e executar un plan de estradas, como propuxo o PP o ano pasado e como se fixo no goberno do tamén socialista Darío Campos, apoiado por Elena Candia”. O presidente da Deputación “non fai caso das queixas veciñas, e incluso ás veces búrlase, como no caso de  Carballedo”.

Os populares, nesta ocasión, fanse eco “das queixas de veciños de A Mariña, concretamente de San Cibrao, polo mal estado da seguridade dunha estrada moi utilizada, que é a que vai dende Burela pola Marosa ata San Cibrao”. Castiñeira explica: “Hai poucos días coñeciamos a noticia dun accidente grave nesta estrada e hai que dicir que os veciños levan moito tempo denunciando o mal estado desta vía e a falta de seguridade. Entre outras deficiencias, falta marcar a sinalización horizontal. O Partido Popular no mes de abril do ano pasado presentou un rogo, rexistrado o día 27, para que se arranxaran estas deficiencias, especialmente no que afectan á seguridade desta vía, a LU-P-1510”.

Castiñeira declara: “De novo os veciños de San Cibrao reclaman melloras nesta vía. Queremos que o presidente da Deputación poña máis empeño en resolver os problemas desta estrada, porque as estradas, como xa dixemos, constitúen a competencia máis relevante que ten a Deputación e neste caso non poden dicir que son da Xunta de Galicia. O goberno local debe actuar o antes posible”.

Castiñeira conclúe: “Temos 4.100 quilómetros de estradas é a ninguén se lle oculta que pode haber accidentes de calquera tipo, pero hai que poñer máis empeño en telas en bo estado. O PP seguirá insistindo. O delegado de Vías e Obras, señor Tomé, rematou o 2021 igual que comeza o novo ano: con moi mala sensación entre os lucenses e a idea de que as estras provinciais están totalmente abandonadas; os orzamentos que hai para melloralas no actual exercicio e, sobre todo, coa suba dos prezos, non augura un bo ano para as estradas provinciais”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com