O Portavoz do PP Jaime Castiñeira, declarou que podería haber algún resquicio legal para revogar o acordo do concello sobre o Garañón en base a que, segundo desvelou hoxe Castiñeira,
“o proxecto de urbanización non foi visado ata o 8 de agosto de 2006 cando a cláusula segunda obrigaba a telo aprobado como data límite o 31 de marzo dese ano”.
Castiñeira afirma que “dende o noso punto de vista, é obvio que non existiu un equilibrio entre as dúas partes”, ademais dos “erros manifestos” nos cálculos de edificabilidade e da inexistencia dun informe de Arquitectura e de Intervención”.
O popular incide en que “estamos a anos luz do que pretende o PSOE, que insiste no recurso e en seguir coas torres aí”, cando o obxectivo debera ser “acabar con elas e sen ter que pagar indemnización ao promotor”