As Catedrais elixida entre as mellores praias do estado polo portal de viaxes Tripadvisor

A praia ribadense de As Catedrais atópase entre os dez mellores areais do estado, segundo o portal de viaxes Tripadvisor. O emblemático areal ocupa o quinto lugar por detrás de La Concha (San Sebastián), Ses Illetes (Formentera), Muro (Mallorca) e Las Canteras (Gran Canaria).  Na clasificación dos mellores areais de Europa As Catedrais atópase no décimo quinto lugar.

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, valora a noticia de xeito positivo: “estamos orgullosos de seguir así. Cada vez máis xente visita As Catedrais e Ribadeo e deixan comentarios coas súas impresións nestes portais de viaxes. Estamos moi agradecidos por estes recoñecementos”.

O rexedor subliña que “seguimos a traballar na redacción e elaboración do Plan Especial das Catedrais para acadar unha maior e mellor organización do areal e da súa contorna no futuro. E todo iso para ben da natureza, do medio ambiente e do sector do turismo e dos servizos de Ribadeo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com