Catorce anos de prisión a un home por dispararlle á súa parella sentimental

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a catorce anos e medio de prisión ao home que disparou na tempa cunha pistola á súa parella en 2014 en Chantada. A sala considérao culpable dun delito de asasinato en grao de tentativa e outro de tenencia ilícita de armas. Ademais, en concepto de responsabilidade civil, deberá indemnizar á vítima, que sofre un dano cognitivo severo, en máis dun millón de euros polas “lesións, secuelas, gastos de asistencia, obras de acomodación en vivenda e todos os gastos que se han de xerar ao longo do que resta de vida”.

Para o tribunal, a intención de matar do acusado resulta “inequívoca”, xa que o disparo produciuse a curta distancia e nunha zona vital. Os feitos tiveron lugar no interior dunha hamburguesería que rexentaba o procesado, tras unha discusión entre ambos e despois de que ela tratase de marcharse do establecemento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com