Catro andainas impulsarán o Camiño do Norte na provincia coas Xornadas do Peregrino

O Deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal Baamonde, participou esta mañá, na Casa Habanera de Guitiriz, na presentación das XII Xornadas do Peregrino Abrindo Camiño nas comarcas de A Mariña e a Terra Chá. No marco desta iniciativa, impulsada pola Asociación de Amigos do Camiño do Norte Abrindo Camiño e na que colaboran a Deputación e os concellos de Lourenzá, Mondoñedo, Foz, Barreiros e Guitiriz, realizaranse catro andainas no mes de xuño para impulsar o Camiño do Norte ao seu paso pola provincia de Lugo.

As tres primeiras rutas serán os días 16, 23 e 29 de xuño e discorrerán pola variante marítima do Camiño do Norte, polos municipios de Ribadeo, Barreiros, Foz, Lourenzá e Mondoñedo. A cuarta andaina será o 30 de xuño polo Camiño do Norte ao seu paso polas localidades de Baamonde, en Begonte, e Parga, en Guitiriz.

As persoas interesadas en participar poden anotarse, ata o 12 de xuño, nas Oficinas de Turismo dos concellos de Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros e Foz e tamén a través da Asociación Abrindo Camiño, no teléfono 639072769. O custo por cada andaina é de 5 euros e as prazas son limitadas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com