A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a catro anos de cárcere un home que violou a unha muller no interior do seu vehículo durante a madrugada do 9 de xullo de 2019. Ambos se coñeceron nun bar de Foz e, tras trasladarse ao porto de Viveiro, o imputado comezou a bicala e abusou sexualmente dela. As manifestacións da vítima, segundo destaca o tribunal, son cribles e foron corroboradas polo seu irmán e unha amiga, os cales declararon como testemuñas. A Audiencia salienta que esas manifestacións “contrastan coas realizadas polo acusado, que se aprecian meramente exculpatorias”.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.