O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de fixar en catro anos e tres meses de cárcere a condena a un Garda Civil acusado de ameazar á súa exparella. Foi a Sala do Civil e do Penal do Tribunal galego o que reduciu catro meses a condena imposta, nun primeiro momento, pola Audiencia Provincial de Lugo que penara ao acusado con catro anos e sete meses de prisión por un delito de malos tratos e outro de violencia habitual así como un delito continuado de ameazas e de descubrimento e revelación de segredos.
O Superior acolleu parcialmente o recurso de apelación interposto polo acusado e absolveuno do delito de malos tratos. O resto da sentenza da Audiencia luguesa foi confirmada.
Ademáis da pena de prisión e a orde de afastamento por oito anos, o acusado está condenado a seis anos de inhabilitación e outros tres de privación do dereito a tenza e porte de armas.