Continúa baixando o número de casos activos por coronavirus. Nas últimas 24 horas os casos activos na área de Lugo é de 33, 4 menos ca onte tal e como indica a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, na súa última actualización.
O número de casos activos de coronavirus en Galicia tamén segue baixando; no día de hoxe é de 542, 21 casos menos ca onte. Deles 124 son da área da Coruña, 33 da de Lugo, 49 da de Ourense, 16 da de Pontevedra, 196 da área de Vigo, 110 da de Santiago, e 14 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 26 están en unidades de hospitalización e 515 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.221 persoas curadas, rexistrándose 618 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 149.242.