Catro detidos na Mariña por distribuír droga preto de centros escolares

A Garda Civil detivo a catro persoas, dous veciños de Vivero e dous de Foz como presuntos autores dun delito de tráfico de drogas. Coa detención destes homes, de entre 25 e 26, danse por desarticulados tres puntos de venta de substancias estupefacientes, dúas delas situadas fronte a centros escolares da localidade de Foz.

Estas detencións realizáronse no marco da chamada operación Kamae, iniciada o pasado mes de febreiro logo de que os axentes do Instituto Armado detectasen a existencia de distintos puntos de venda de droga na localidade de Foz.

No trascurso da investigación detectouse un terceiro punto de venda de droga situado no barrio de Covas, en Viveiro. Como resultado da operación foron detidas catro persoas pero a Garda Civil non dá por concluídas as investigacións nin descarta novas detencións nos próximos días.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com