Catro novos casos por Covid-19 elevan o total a 614 na Área de Lugo

Nas últimas vinte e catro horas producirónse na Área de Lugo (Hula, Hospital de Monforte e Hospital de Burela) catro novos casos, que elevan o total a 614. Como se pode observar, o andazo, de momento, segue controlado. Como cada día a  Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta, informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.534, deles 1.485 son da área da Coruña, 614 da de Lugo, 1.301 da de Ourense, 520 da de Pontevedra, 1.166 da área de Vigo, 1.081 da de Santiago, e 367 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 96 permanecen en UCI, 585 están en unidades de hospitalización e 5.853 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.625 altas de pacientes e 475 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 72.858.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com