Catro persoas feridas nun choque múltiple en Lugo

Un accidente en cadea entre catro turismos deixa outras tantas persoas feridas en Lugo. En detalle, o sinistro tivo lugar no quilómetro 501 da N-VI, en sentido Madrid, á altura do Estadio Anxo Carro.

Todas as persoas feridas foron trasladadas polos efectivos sanitarios a un centro hospitalario.

O 112 Galicia recibía o aviso da colisión múltiple ao redor das 21:20 horas de onte. Acto seguido, dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertouse  a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Lugo. Tamén se informou a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com