Catro persoas feridas, unha delas embarazada, nunha colisión en Viveiro

Unha colisión entre dous vehículos en Viveiro sáldase con catro persoas feridas. Unha delas é unha muller embarazada. Todas elas foron trasladadas a un centro hospitalario.

O accidente rexistrouse na LU-862, a estrada que une a localidade con Burela, á altura dos Catro Camiños, na parroquia de Celeiro.

O 112 Galicia recibía o aviso dos efectos de Protección Civil ás 21:00 horas de onte. Pola súa banda, os profesionais do Centro de Atención ás Emerxencias alertaron aos Bombeiros e ao GRUMIR de Viveiro. Tamén se informou á Policía Local.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com