Catro persoas, tres adultos e un menor, resultaron feridas esta mañá en Lugo despois de colidir un total de catro turismos. O accidente tivo lugar sobre as 09:00 horas, na segunda rotonda do Polígono do Ceao.
Nada mais, recibir a chamada dun alertante, o 112 Galicia pasou aviso a Urxencias Médicas e á Policía Local. Os Bombeiros da cidade e os efectivos de Protección Civil tamén foron informados. Os feridos foron trasladados polo persoal sanitario ao centro hospitalario Hula.