Catro persoas resultan intoxicadas por inhalación de monóxido de carbono en Castroverde e Baralla

En Castroverde dúas persoas foron evacuadas despois de que resultasen afectadas pola mala combustión dun xerador de electricidade. Os feitos tiveron lugar nunha vivenda de Rebordaos. O 112 Galicia tivo constancia da situación ás 2:30 horas desta madrugada, a través da alerta de Urxencias Médicas. Dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informouse aos Bombeiros de Sarria, ao GES de Becerreá e á Garda Civil. As dúa persoas foron trasladadas polos efectivos sanitarios ao Hospital Universitario Lucus Augusti.

Tamén, pero nesta ocasión  no concello de Baralla, dúas persoas foron evacuadas a un centro hospitalario despois de sufrir unha intoxicación por monóxido de carbono. Neste caso, tamén se debeu á mala combustión dun xerador de electricidade.

Os feitos tiveron lugar nunha casa da parroquia de Arroxo. Os efectivos sanitarios informaron ao 112 Galicia á 1:00 horas desta madrugada. Dende a central de emerxencias facilitáronse os datos aos Bombeiros de Sarria, ao GES de Becerreá e á Garda Civil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com