Catro persoas resultaron afectadas a causa dun incendio no interior dunha vivenda de Sober

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron a catro persoas que resultaron afectadas pola inhalación de fume dun incendio no interior dunha casa, en Sober.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o incendio produciuse ás cinco desta tarde, cando os ocupantes da vivenda deron a voz de alarma por un lume que comezou nun colchón. Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a colaboración dos Bombeiros de Monforte, que retiraron o obxecto incendiado e remataron por sufocar as chamas.

Con todo, catro persoas que había no interior do inmoble resultaron intoxicadas por mor do inteso fume acumulado no interior da estancia. Deste xeito, ademais dos bombeiros, desde o 112 Galicia, tamén se informou aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias para encargárense do traslado dos feridos. Igualmente, os servizos de emerxencias contaron co apoio dos axentes da Garda Civil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com