Non deixo de cavilar en Valencia, e sinto a necesidade de contalo. Nos medios audiovisuais é o lóxico centro de atención, pero no canto de ampliar o tempo informativo, queda como único tema, se exceptuamos as eleccións a Presidente de medio mundo. Con ser obrigada e urxente a atención aos que sufriron a catástrofe, da a sensación de que sempre se conta o mesmo, mesmos os lugares, mesmas as persoas, unha e outra vez, como se o demais non existise; como un bucle, historia interminable.
Nas cavilacións gardo amplo espazo para admirar e recoñecer ás persoas e institucións que colaboran, traballan, recaudan, apoian aos damnificados, pero non poido deixar de pensar que, se somos un dos paises da Europa de primeira, ¿como é posible que faga falla caridade, axuda, prestación popular, diñeiro, medios, cando temos concellos, deputacións, gobernos autonómicos e goberno central, con orzamentos mil millonarios procedentes dos nosos impostos, e unha organización que comprende milleiros de especialistas nas máis varias disciplinas, e entreles os que teñen que capitanear catástrofes.
Está moi ben axudar; beneficia ao que recibe e ao que da; é un magnìfico mecanismo de cohesión, de asentamento social, de engrandecemento humano, de humanidade… pero evidencia que algo falla estrepitosamente, sexan as previsións, decisións, coordinación, os medios ou o sursum corda.
Por se alguén non se decatou, esto é unha guerra para a que un país civilizado ten que estar preparado. Se fosemos atacados por outra potencia, teríamos que acudir armados con paus á primeira linea de combate? Desde o Lugo colaborador e entregado, sigo cavilando, e non lle vexo xeito.